BOCATA SOLIDARIO

O noso compromiso cos que o están pasando mal e afectados fundamentalmente pola fame neste mundo cheo de violencia e inxustiza, cun contraste dun primeiro mundo no a xente mórrese pola obesidade, mentres que no terceiro mundo a xente morre de fame e, na actualidade, debido á crise económica que padecemos, hai moitas familias que carecen dos mínimos recursos para a súa subsistencia no noso país: vivenda, roupa, alimentación... pola falta de traballo.

Con esta pequena achega económica e o sacrificio do bocata na comida queremos axudar ao que o necesitan na medida das nosas posibilidades, seguindo as ensinanzas de Cristo na parabóla do Bo Samaritano.

Temos que superar esta inxusta situación no mundo e conquerir un máis xusto reparto da riqueza. A paz é froito da xustiza

LOITAMOS CONTRA A POBREZA.  APÚNTASTE? Campaña de MANOS UNIDAS contra a fame